I TORNEO VIRTUAL STRAVA

TORNEO VIRTUAL STRAVA 2021

Na situación na que nos atopamos, con ningún evento a vista para os nosos atletas de ruta, imos poñer en marcha un torneo virtual para retar a todos eles…. Esta actividade se engloba dentro de outras que faremos a maiores para a motivación dos nosos atletas.

O torneo consiste na realización de unha serie de probas cronometradas e retos que se irán publicando por parte do Club. Cada persoa poderá realizar os distintos circuitos cando queira e a cronoñetraxe se fara de forma automática pola aplicación Strava.

Para que esta aplicación poida realizar a cronometraxe é preciso darse de alta, vincularse o club e despois facer o recorrido ou ben cun reloxo polar, Suunto, Garmin, etc ou co teléfono movil. (Ver ANEXO 2 para darse de alta na aplicación)

Poderan participar neste reto os integrantes do club:

  • Atletas
  • Socios
  • Adestradores

DURACIÓN

  • O prazo para completar as probas finaliza o 30/06/2021.
  • O club poderá publicar novas probas e retos ata o 31/05/2021

BASES DA CLASIFICACION

  • Para cada unha das probas se extraerá a clasificación por tempos e se asignarán un numero de puntos = (numero de atletas na proba+1)-posto
  • O atleta poderá completar os retos e circuitos que considere.  Cada reto conseguido +10 puntos
  • Se sumarán os puntos de cada participante e gañara o participante con maior número de puntos totais. En caso de empate gañara o atleta que teña mais primeiros postos nas probas parciales.         

PREMIOS

  • Se sortearán 5 premios de 30€  entre tódolos partipantes para gastar en material do Club.

SEGUIMENTO DAS CLASIFICACIÓNS

  • A clasificación de cada proba pode realisarse directamente no Strava
  • O Club periodicamente subirá a web unha clasificación xeral tendo en conta as probas e os retos.

Temos neste momento 6 circuitos publicados,  pero  o club poderá publicar novas probas ata o 31/05/2021.

CIRCUITOS

Toda a información detallada dos circuitos poderá atoparse na web do Club. Recomedamos que vos suscribades a web para recibir os avisos de novas publicacións.

Ata o de agora se definiron dous circuitos:

En breve establecemos máis circuitos que xa temos en mente:

  • Volta o parque de Samertolameu
  • Trail por monte Faro
  • Trail polo monte da Cruz

CIRCUITO 1. SUBIDA A FRAGA

Este circuito arranca dende o Club, subindo o sendeiro da Fraga e rematando na curva da Fraga.

Circuito subida a Fraga

CIRCUITO 2. CIRCUITO LONGO MONTE ABERTO

E o circuito longo que solemos facer en monte aberto.

Circuito Monte Aberto

CIRCUITO 3. 500 metros Pista de Tenis => Bar Canario

Este circuito é o circuito que por defecto utilizamos para a realización das series de 500 metros. Arranca na estrada a altura das pistas de tenis e remata a altura do Bar Canario.

Circuito 500 metros

CIRCUITO 4. 1Km Pistas de Tenis=> Pistas Atletismo

Este circuito é o circuito que por defecto utilizamos para a realización das series de 1000 metros. Arranca na estrada a altura das pistas de tenis e remata a altura das pistas de atletismo.

Circuito 1 Km

CIRCUITO 5. 2Km Pistas de Tenis=>Dia => Pistas Atletismo

Este circuito é o circuito que por defecto utilizamos para a realización das series de 2000 metros. Arranca na estrada a altura das pistas de tenis , vai ata o Dia (damos volta a parada de autobus) e remata o final das pistas.

Circuito subida a Fraga

CIRCUITO 6. 3Km Pistas de Tenis=>Dia=>Pistas Tenis

Este circuito é o circuito que por defecto utilizamos para a realización das series de 3000 metros. Arranca na estrada a altura das pistas de tenis , vai ata o Dia (damos volta a parada de autobus) e remata no punto de orixe na pista de Tenis.

Circuito 3 Km

ANEXO 2. RETOS       

Se establecen inicialmente 2 retos iniciais (10 puntos cada un completado) pero o Club poderá decidir novos retos ata o 31/05/2021.

RETO 1. CORRE 100 KM EN XANEIRO

Tes que anotarte a este reto no seguinte enlace.

https://www.strava.com/challenges/January-Running-Challenge-2021

Información do reto

Reto 1. Corre 100km en Xaneiro

RETO 2. CORRE UNHA MEDIA MARATON EN XANEIRO

Tes que anotarte a este reto no seguinte enlace.

https://www.strava.com/challenges/strava-races-half-marathon-January-2021

Información do reto

Reto2. Corre unha media maratón en Xaneiro

BUY NOW